O calor fai que Galicia entre no nivel extremo de risco de incendios

Iso é superior ao 81%, segundo os datos do índice diario (IRDI) elaborado pola Consellería de Medio Rural. O risco é crítico en grande parte da provincia de Lugo, no nordés e no noroeste de Ourense e no sueste de A Coruña, ademais de nalgúns puntos do litoral galego.

Tan só parte do centro de Pontevedra e o norte de Lugo teñen determinado un risco moderado de incendios (32-56%), mentres que outra boa parte da comunidade está en niveis altos (57-68%) e moi altos (69-80%).

A esta alerta contribúe o tempo que, dacordo coas predicións meteorolóxicas para este martes no que o anticiclón seguirá sobre Galicia, en especial Noroeste, polo que os ceos presentarán intervalos de nubes altas, agás no Norte de Lugo e de A Coruña, onde haberá nubes baixas e posibilidade dalgún chuvasco ocasional, especialmente en A Mariña.

 

También te puede interesar