Vigo al minuto

O vindeiro mércores máis de 200.000 rapac@s empezarán o colexio, o 70% en centros públicos

Este mércores, 12 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de Educación Infantil e primaria para 201.363 alumnos e alumnas galegos. Deles, 68.125 incorporaranse ás aulas de educación infantil: 28.678 na provincia de A Coruña, 26.307 en Pontevedra, 6.724 en Lugo e 6.416 en Ourense. O aumento de matriculacións en educación infantil queda reflectido nos centros de ensinanza pública, onde están matriculados 747 novos estudantes, do 821 totais que comezan estes estudos.

Do total destes rapaces e rapazas, 47.634 estudarán en centros públicos, o que representa o 70% do total, 18.653, máis do 27%, incorporaranse a colexios concertados, e 1.838, algo menos do 2,7%, estudarán en centros privados.

Educación Primaria

Por outra, dacordo cos datos da Consellería de Educación, 133.238 alumnos e alumnas tamén comezaran as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.228 están matriculados en A Coruña; 13.210en Lugo; 12.717 en Ourense e 52.083 en Pontevedra. De cara a este novo curso nas aulas de educación primaria nos centros públicos haberá matriculados  1.287 novos alumnos respecto do ano pasado.

De tod@s el@s, 92.972, o 69,7% serán alumn@s de colexios públicos, 37.595, estudarán en centros concertados, é decir o 28,2%, e 2.671, un 2% están matriculados en escolas privadas.

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor que, dacordo cos datos oficiais, disporán de 3.000 novas prazas de comedor escolar, de xeito que está previsto que se dea este servizo a case 69.000 alumnas e alumnas galegas, ademáis, aproximadamente, 90.000 estudantes terán servizo de transporte escolar.

 

También te puede interesar