Galicia

A Comisión do Mercado de Valores sancionará a preto do 60% dos bancos que venderon preferentes

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) prevé sancionar ao 58% dos bancos e caixas de aforros que emitiron participacións preferentes por malas prácticas na comercialización destes produtos financeiros, segundo informou o presidente do organismo.

Julio Segura adiantou que a CNMV prevé abrir dous expedientes sancionadores pola venda de preferentes durante o mes de setembro, máis outros dous antes de que finalice o presente exercicioo, de xeito que súmanse aos 7 que xa hai en curso.

Das 19 entidades que emitiron preferentes dende 1999 ata maio de 2011 por importe de 22.000 millóns de euros (3,6 billóns das desaparecidas pesetas), as 11 que se enfrontarán a posibles sancións emitiron a metade, algo máis de 11.000 millóns.

Eso sí, os nomes das entidades financeiras sancionadas non se coñecerán ata que a Audiencia Nacional se pronuncie sobre o recurso e non se pidan ou concedan as medidas cautelares, proceso que podería prolongarse durante un prazo de dous anos dende a apertura do expediente.  Asimesmo, a Comisión salientou que as sancións perseguen un efecto de disciplina de mercado, pese a que este organismo carece de facultade para obrigar as entidades sancionadas a compensar os investidores. “Iso só pódeno facer os tribunais“, indicaron dende a CNMV.

 

También te puede interesar