Vigo al minuto

Máis Que Auga abriu as portas apostando pola diversión co deporte

Esta semana comezou a primeira xornada de clases abertas dos cursiños da nova temporada 2012-2013, para que o público en xeral probase as actividades ofertadas, descubrindo os seus beneficios e o xeito ameno de traballar nas mesmas. Nos centros de Florida-Coia e Barreiro, onte remataron as clases abertas de pilates. Ademais, en Máis Que Auga (MQA)-Barreiro tamén se ofertaron clases abertas de baile activo junior e pádel.

Baile activo junior é a nova actividade para esta temporada para os máis cativos da casa, onde dunha maneira lúdica e diferente, os nenos e nenas poderán mellorar aspectos como coordinación, ritmo, capacidades sociais e cognitivas, adquirindo deste xeito divertido unha gran bagaxe.

En total pasaron, polas areas deportivas municipais de MQA, máis de 150 personas co fin de disfrutar e probar por primeira vez estas actividades e experimentar a metodoloxía que seguen, ademáis de descubrir un sinfín de beneficios que ditas actividades aportan. En vista dos bos resultados que se colleitaron e a boa aceptación do público, está prevista outra xornada de promoción de cursos pádel para o día 24 deste mes, onde novamente a xente que por horario ou falta de prazas non puido probar as actividades.

Para que os usuarios poidan disfrutar do deporte na temporada 2012-2013, as áreas deportivas municipais de Florida-Coia e Barreiro están mellorando as súas instalacións, coa adquisición de novos elementos para as salas fitness, con ampliacións de infraestruturas en ámbolos centros e con novas dotacións de materiais para as múltiples actividades que ofertan.

 

También te puede interesar