Vigo al minuto

Piden máis protección para o patrimonio arqueolóxico vigués e menos ungüentos para non durmir

A Oficina polos Dereitos Sociais de coia, ven de criticar nun artigo a importancia que se lle da a estar á exposición do ungüentatio no Museo do Mar. Nun escrito, no que lembran a importancia e valor arqueolóxico doutras pezas atopadas en Vigo, esta asociación pide que que se adiquen máis recursos e máis tempo á época no que foi atopado e menos á peza en sí mesma,, “unha peza arqueolóxica non ten valor per se: o verdadeiro valor está no contexto no que se insire, na realidade arqueolóxica á que se asocia. Ao fin e ao cabo, o obxecto como tal non importa, ten interese como vestixio de sociedades pretéritas que construíron e usaron eses obxectos. O utensilio por si mesmo, despoxado do envoltorio social que lle confería o seu verdadeiro sentido, non é máis que un fetiche banal”.

Logo de lembrar que o ungüentario tardorromano foi atopado nunha intervención arqueolóxica , dirixida pola arqueóloga Mar Cortegoso, no marco da ampliación do túnel do Areal, a Asociación polos Dereitos Sociais de Coia pregúntase,pero, que podemos admirar no Museo do Mar? Pois unha pequena xerriña feita de cerámica, fragmentada,…. e bastante anódina, sen maior atractivo ou interese estilístico. Postos a elixir pezas belas, o propio xacemento de Areal/Rosalía de Castro proporcionaríanolas abundantemente: dende a magnificencia das grandes ánforas que transportaban viño, aceites ou salgaduras, ata a delicadeza  das decoracións nas cuncas de Terra Sigillata Africana…. Se o criterio que marca a importancia dun achado arqueolóxico é unicamente o seu valor estilístico, pois nestes casos quizais poderíamos estar ante restos máis admirables”.

Asi mesmo subliña que “o contexto histórico do ungüentario si que é digno de admirar e conservar. Hai que retrotraerse ata o século VI d.C., nun Vicus Aeleni destacado como un porto comercial de primeira clase, centro de chegada de mercadorías dende o Mediterráneo oriental e á súa vez distribuidor por mercados secundariosnos litorais cantábrico, francés e británico”.

Ao mesmo tempo critica que “mentres que removeuse Roma con Santiago, nunca mellor dito,  para que volvese a Vigo a peza cerámica, enarborada como bandeira dun viguismo marxinado e vilipendiado,  non se moveu un dedo loitando en prol da conservación e protección dun xacemento arqueolóxico nun extraordinario estado de conservación e de indubidable valor histórico”, coma a a actuación de Rosalía II, nas rúas Rosalía de Castro e García Barbón.

E remata asegurando, “institucionalmente anúnciase a chegada e exposición do ungüentario aos catro ventos, convertendo a Historia nunha disciplina simple e pueril. Por sorte, este tipo de praxis arqueolóxica xa foi superada hai décadas, e hoxe sabemos que o tesouro non é o resto material, senón que a riqueza está en todo o que hai detrás del”.

Para advertir, con ironía, “estamos de parabéns: o ungüentario volveu a casa, podemos durmir tranquilos. Pouco importa que na cidade están a pechar espazos musealizados , ou reducindo os seus horarios ata facelos case que inoperantes-, ou que o berce do verdadeiro interese arqueolóxico e histórico do achado en cuestión estea sendo periodicamente mutilado”.

 

También te puede interesar