Galiza Nova convoca unha folga estudiantil o vindeiro 17 de outubro

A organización xuvenil, Galiza Nova, vén de anunciar publicamente a convocatoria dunha xornada de folga estudantil para o 17 de outubro en contra dos recortes do PP no ensino público. Galiza Nova considera que a aprobación dunha nova Lei educativa no Consello de Ministros do pasado venres, precipitou a convocatoria dunha máis que “necesaria” xornada de folga contra o modelo educativo do Partido Popular.

Segundo Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, esta convocatoria servirá para rexeitar unhas políticas educativas que “degradar ao máximo o ensino público e a igualdade de oportunidades a través da elitización da educación”. Aboi sinala en referencia ao anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa que “esta lei é unha aberración pedagóxica e unha volta ás bases educativas do franquismo”.

Galiza Nova criticou duramente a xestión do ensino por parte do PP na Xunta de Galicia, durante esta lexislatura. “Nunca se sufriron tanto as consecuencias dun Goberno como o de Núñez Feijóo que converteu estes tres anos nun auténtico trienio negro para o ensino público” reiterou a secretaria de Galiza Nova quen amosouse  convencida de que o estudantado galego rexeitará na rúa” todos os recortes aplicados polo PP nestes últimos meses.

A convocatoria para o 17 de outubro, compartida tamén pola organización estudantil Comités, busca ser “o máis masiva posíbel e para iso pretendese o apoio da comunidade educativa e de todos os colectivos e sectores”. Do mesmo xeito, desenvolverase unha “campaña informativa e axitativa nos centros” e na próxima semana concretarase as mobilizacións “nas cidades e principais vilas de Galicia coa idea de que nesta xornada se poida repetir o éxito da folga estudantil do pasado 10 de maio”, impulsada por estas mesmas organizacións, e que contou cun seguimento de máis de 10.000 persoas nas mobilizacións.

 

También te puede interesar