A Consellería do Medio Rural ven de informar, nun comunicado,de que se amplía a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia ata o vindeiro día 15 de outubro, “debido ás condicións climatolóxicas que se esperan a curto prazo”.
A causa das condicións meteorolóxicas que se agardan para os vindeiros días, a consellería decidiu ampliar este período de alto risco, que inicialmente remataba mañá domingo, 30 de setembro como medida preventiva.
Con esta ampliación cabe lembrar , salienta a Xunta, que “permanece tamén suspendida a concesión de permisos de queima en toda Galicia ata novo aviso”, ao tempo que advirte que “os incumprimentos desta prohibición serán considerados como moi graves e obxecto de sanción, consonte á normativa vixente”.