Comarcas

Aberto o prazo en Tui para o programa de vacacións do Imserso

O Concello de Tui informa este mércores da apertura do prazo para solicitar o programa de Vacacións para maiores do Imserso para o ano 2012-2013.

A través de comunicado, o Consistorio tudense sinala que poderán solicitar prazas neste programa as persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

– Ter como mínimo 65 anos cumpridos.

– Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.

– Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.

Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.

– Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Ademáis, se o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que este reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase tamén como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2012 e xuño de 2013, segundo a modalidade:

Estadías en zonas costeiras.

Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.

Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

-Intercambio con outros países.

Por certo que neste programas de turismo social está incluído o viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte, aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso.

Tamén servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel, e póliza colectiva de seguros.

Os prezos destas ofertas de Turismo social varían en función dos programas e modalidades así como se a quenda elixida é durante a tempada alta ou baixa, pero están nunha franxa entre os 120€ e os 575€.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de outubro de 2012. Non obstante seguirá aberta un prazo complementario ata o 1 de decembro para unha lista de agarda para cubrir posibles vacantes.

 

También te puede interesar