O Concello de Mos ten en marcha 300 acometidas domiciliarias de saneamento na parroquia de Louredo, ase o informou hoxe o edil de Saneamento e Abastecemento de Mos, Camilo Augusto.
Segundo o concelleiro, tras a realización do enganche ó colector xeral do Louro, agora o Consistorio está procedendo á conexión á rede dun gran número de vivendas na parroquia de Louredo, zona na que era moi necesaria. Estas acometidas domiciliarias en Louredo comenzaron a executarse no barrio das Cortiñas, continuando por Torroeira, e estando estes días e realizar os traballos en Portela.
Augusto, que visitou esta mañá as obras que se están a efectuar na Portela acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para comprobar de primeira man a evolución dos traballos, anunciou que “unha vez rematadas as acometidas no barrio de Portela, continuarase acometendo nos demais barrios da parroquia, logrando así converter á de Louredo, nunha das parroquias máis saneadas da localidade mosense”.
A maiores, estase a realizar unha obra de instalación da rede de alcantarillado nun tramo necesario para poder dar servizo de saneamento ás empresas instaladas na zona de Arrufana, así coma tamén o enganche á rede xeral de saneamento nos barrios de Arrufana e Pantaño, para os que é necesaria a realización dun cruzamento na estrada N-550.
Dende a Administración local calcúlase que, entre as obras de acometidas domiciliarias xa efectuadas e as pendentes de realizar, darase servizo de saneamento a un total dunhas 300 vivendas, todas na parroquia de Louredo.