Galicia

Máis da metade das familias galegas chegan con dificultade a fin de mes

Segundo os datos da Enquisa Conxuntural a Fogares elaborada por el Instituto Galego de Estatística (IGE), correspondente  ao terceiro trimestre do ano, preto do 55% dos fogares galegos chegan con dificultade o con moita dificultade a final de mes e, no 29,66% dos casos non se permitiron ningún gastos extra nos pasados tres meses.

Exactamente, o 12,92% das familias aseguran que rematan o mes con moita dificultade, unha porcentaxe que multiplica por dous a do mesmo trimestre do ano pasado. Outro 41,6%  admite que remata o mes con dificultade, mentras que no 46,4% dos casos sinala que non ten dificultade para facer fronte aos gastos, un 4,5% menos que hai xusto un ano.

Nun 44% dos fogares cambiaron os hábitos de compra, pasando a consumir productos en rebaixa ou marcas brancas, e en preto do 47% dos casos deminuiu o que destiñaba a roupa transporte ou calzado, ainda que non en alimentos. Para facer fronte aos gastos, no 6,4% das familias un dos seus membros púxose a traballar ou aumentou a súa xornada laboral; o 4.6% elixiu ter máis cartos en casa para aforrar gastos financieiros ou apurou o pago e liquidación de préstamos, mentres que o 8,4% admite que recurriu á axuda de amigos e familiares.

O 5,5% daqueles que contestaron á enquisa, sinalou que retrasouse no pago dalgún recibo; menos do 15% permitiuse sair de vacacións, o 22% fixo alguna compra extra en roupa ou zapatos, o 29,5% foi quen de aforrar e o 18,5% asegurou que sí poido facer fronte a un gastos non previsto.

Entre os gastos que manteñen as familias galegas están sair a cear, a cafeterías, ao cine ou a outro espectáculo, algo que sí se permitiron un 59,3% delas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.