A Asociación de Hosteleiros e Comerciantes Vigo Vello organiza este sábado, 13 de outubro, unha nova edición do mercadillo de segunda man e artesanía que se ven realizando tódo-los primeiros e segundos sábados de cada mes.
Dende as 11:00 h. da mañá ata as 21:00 h. da noite, máis de 30 postos de roupa de segunda mán, obxectos, discos, libros, e artesanía de diferentes técnicas ocuparán as rúas Palma, Oliva e Joaquín Yañez, ademáis de varios locais de hostelería da zona.
O evento, que está enmarcado no proxecto “O Comercio na Rúa”, contará ademáis co apoio dos comerciantes do barrio, que participarán no mercadillo sacando tamén os seus productos a rúa. O obxectivo desta iniciativa cultural é recuperar a vella tradición dos mercados ao aire libre do Casco Vello así como dinamizar comercialmente a zona.