Galicia

Beiras, “Feijóo está matando máis xente que ningún grupo terrorista na historia del Estado español”

O candidato de Alternativa Galega de Esquerda á Presidencia da Xunta asegurou onte nun mitin en Lugo que “Feijóo está matando máis xente que ningún grupo terrorista na historia del Estado español” debido á reducción da financiación da sanidade pública.

Xosé Manuel Beiras indicou que amigos seus que son médicos advertíronlle que a tasa de mortalidade dos vellos aumentou debido a crise o que fixo que moitas familias tivesen que levar aos anciáns de volta para casa mentres que antes estaban en residencias de suficiente calidade”.

Segundo o cabeza de lista de AGE, “a esa idade os riscos dunha afección que acabe con eles en 24 horas e moito máis grande que cando eres nono, e está a morrer xento por iso, A esa xente a matan”, concluiu Beiras, quen repetiu que “Feijóo está matando máis xente que ningún grupo terrorista na historia do Estado español nos últimos anos”.

A mesma frase foi pendurada no Twitter de Alternativa Galega de Esquerda o que fixo que o candidato á reelección coma presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo calificase a mesma coma “lamentable”. O comentario do candidato do PP foi respostado por AGE, cunha mención a Feijóo, n a que indica que “deixar a Sanidade sen recursos, sen levalo no programa é unha condea para moitos enfermos. Ten consecuencias”.

 

También te puede interesar