Galicia

Os traballadores galegos sen titulación xa poden optar á obtención de certificados de profesionalidade

 

TraballoGalicia será unha das primeiras comunidades do Estado en levar a cabo probas de avaliación para que as persoas sen titulación podan optar aos cursos de formación nos que se obteñen os certificados de profesionalidade.

A Consellería de Traballo e Benestar publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para desenvolver os exames, denominados ‘probas de avaliación en competencias clave’, que están dirixidas ás persoas que vaian a cursar a formación correspondente aos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e non cumpran os requisitos de acceso.

Chámanse competencias clave aos contidos de formación básica que aseguran os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a formación correspondente aos novos certificados de profesionalidade. Existen ata oito áreas de coñecemento diferentes: lingua galega, lingua castelá, linguas estranxeiras, matemáticas, ciencia, tecnoloxía, dixital, xeografía e historia.

Desta maneira, en Galicia non só terán a posibilidade de acceder a estes cursos os cidadáns que estean en posesión de determinadas titulacións ou acreditacións oficiais e as que estean a realizar a formación correspondente a cada competencia clave, senón tamén as que superen as probas chamadas de competencias clave.

Trámite

As persoas interesadas en facer as probas deberán presentar a solicitude antes do próximo 29 de xaneiro no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar. O impreso deberá estar acompañado por unha fotocopia de DNI e unha declaración xurada de non estar cursando unha acción formativa encamiñada á obtención da mesma competencia clave.

O candidato realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas que se inscriba, aínda que cada aspirante presentará unha única solicitude de inscrición na que deberá indicar as competencias clave que queira desenvolver.Os exames para as competencias clave de nivel 2 celebraranse os días 26 e 27 de febreiro e para as de nivel 3 os días 5 e 6 se marzo. Todas as probas terán lugar nos centros propios da Consellería de Traballo e Benestar.  A Dirección Xeral de Formación e Colocación ten previsto desenvolver no verán unha segunda convocatoria, xa que prevé unha alta demanda nestes meses. da Xunta o ben dirixirse ao Instituto Galego de Cualificacións, aos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, as oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia ou aos centros propios do departamento autonómico.

Os candidatos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% deberán indicalo expresamente na solicitude e poderán demandar as posibles adaptacións de tempo e/ou medidos para a realización das probas.

 A relación provisional e definitiva das persoas inscritas nas probas que fosen admitidas e, se é o caso as excluídas con indicación das causas, será publicada polo Instituto Galego das Cualificacións no taboleiro de anuncios do centro onde se vaia a desenvolver a proba e na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es

También te puede interesar