Unha ducia de estudantes japoneses participaron nas II Leccións e prácticas no Camiño de Santiago; curso coorganizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Xacobeo. Os estudantes becados por este programa realizan o Camiño de Santiago dende Astorga e as bolsas consisten nos billetes de avión, unha serie de conferencias sobre a cultura, a natureza, a historia de Galicia e o Camiño de Santiago. Así mesmo, farán unha visita guiada á catedral de Santiago e percorrerán algún tramo da ruta Fisterra-Muxía.
Levar o Camiño ata Xapón
O obxectivo desta iniciativa que xa se organiza por segundo ano consecutivo é promocionar o Camiño en Xapón de xeito moi novidoso e efectivo, facendo que este grupo de mozos viva a experiencia da peregrinación e do coñecemento de Galicia en primeira persoa. Ao seu regreso a Xapón, os rapaces poderán engadir información ás súas teses de doutoramento sobre o Camiño e tamén darán conferencias aos seus compañeiros de facultade sobre a experiencia vivida e sobre aquelo que aprenderon durante a súa estancia na nosa comunidade.