Os 12 traballadores do Instituto Municipal de Deportes (IMD), pecháronse dende as 9 da mañán na Concellería de Deportes, na décima planta do Concello, acompañados de tres sindicalistas da Confederación Intersindical Galega (CIG) para reclamar, de novo, a súa readmisión, logo da sentenza que recoñece coma ilegal a cesión da plantilla a a outra empresa.
Logo de protagonizar outros peches, a semana pasada nun dos pabillones minicipais, e ante a falla de resposta por parte do responsables municipais, os empregados do IMD, foron recibidos polo concelleiro de Deportes durante un cuarto de hora quen, segundo aseguraron os concentrados ao termo da xuntanza, “estivo falando e falando para non decir absolutamente nada”. A plantilla pediulle que cumprise a sentenza, “porque levamos sen cobrar varios meses e algún non temos dereito a paro” e que si, máis adiante a xustiza dalle a razón ao Concello, “que nos boten á rúa e, en caso contrario, que nos readmitan como o que nos recoñece esta sentenza: traballadores do Instituto Municipal de Deportes”.
Pero, o concelleiro non está pola labor. Ao parecer, adiantou que o Concello seguirá adiante coas acción xudiciais e que, hasta que haxa un pronunciamento xudicial, os traballadores non se reincorporarán. “Somos só danos colaterales, así nos trata o gobernó local”, denunciaron, ao tempo que, unha vez abandonado o peche, pasadas as 10 da mañán, decidiron voltar a ver aos representantes do Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego, os outros dos grupos integrantes do consello do IMD, “que teñen a maioría no mesmo”, para que forcen unha solución a súa situación.
Paralelamente, como xa fixeran colectivos coma os trabaladores da concesionaria de limpeza dos colexios públicos, solicitaron por rexistro a posibilidade de intervir no Pleno da Corporación, unha demanda que, ate o día de hoxe “non obtivo resposta algunha”. Por iso, ante a inexistencia dunha resposta favorable por parte do Concello, continuarán coas movilizacións a fin de que se dé unha solución a súa situación que “deixounos en terreo de ninguén: nin estamos despedidos, e non podemos cobrar o paro, nen estamos traballando e non cobramos a nómina”, denuncian.