Destacados

A Xunta abre o prazo para que os servizos de Protección Civil opten ás axudas de 2010

Poderán beneficiarse as agrupación que dependan dun concello ou mancomunidade, estén dadas de alta no Rexistro de Agrupacións de Protección civil, ou teñan solicitado a mesma.

P.Civil BoiroO Goberno galego vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se regula a concesión das subvencións para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil para o ano 2010, que contarán cun importe de 405.000 euros e que se suman aos outros 400.000 que a Xunta adicará aos voluntarios de Protección Civil para o Plan de Atención ao Peregrino. As solicitudes poderán presentarse nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia ata o día 8 de febreiro.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que estean inscritas –ou teñan solicitada a súa inscrición- no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil; que teñan dependencia dun concello ou mancomunidade de municipios; que, de ter recibido subvencións en anos anteriores, xustificasen o seu investimento e liquidación; que expresen o seu consentimento a facer públicos os datos referidos ás axudas recibidas; e que non teñan pendente o pagamento de ningunha débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma, entre outros requisitos.

 Destino das axudas

Neste sentido, as subvencións poderán ser investidas en equipamento e vestimenta para o persoal, gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil –así como os ocasionados pola conservación e mantemento da súa base e os de comunicación-, pagamento de seguros, formación dos seus compoñentes, e equipamento do material informática e de comunicacións.

Avaliación

Para a concesión destas axudas estudaranse unha serie de criterios de avaliación como son o número de voluntarios asegurados da agrupación e a cifra total de inscritos, a calidade na resposta aos requirimentos de intervención, a existencia de riscos especialmente graves no concello – de acordo cos mapas e análise de riscos establecidos no Platerga- e o número de horas de formación na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dos membros do grupo ao longo do ano 2009.

 

 

 

 

 

También te puede interesar