'Qué te cuentas?'

Andaina da comenzo a sua tempada das “Peque-rutas”

Foto: Turgalicia

Toma nota, xa non teis excusa para non saír da casa este domingo 28 de outubro, Andaina abre a sua tempada de rutas, facendo un recorrido pola Senda peonil da Ponte de Ramo en Cuntis.

O lugar da saída será dende o Colexio Público Carballal  as 11 horas.  Este fermoso percorrido, ten unha mestura de arquitectura tradicional, etnografía e interese naturalista. A saída será dende a Ponte  de Ramo, a primeira parte do percorrido transcurre por un estreito sendeiro a beira dun caudaloso río Umia, cunha vexetación e arborado moi frondosos, no que se atopan varios muíños restaurados.  Unha vez abandoado o río, seguirá o percorrido  por unha antiga vía romana,  que unía a localidade portuguesa de Arcos de Valdevez con Cuntis, mais tarde ascenderase  ao monte Rañadoiro , onde agardará polos asistententes un xacemento arqueolóxico de Cequeril. Unha vez feito o percorrido, voltarase ao punto de partida.

 

 

 

 

ASOCIACIÓN CULTURAL “O COTO”

ENDEREZO: COLEXIO PÚBLICO CARBALLAL – R./ LOMBA ,1

MÁIS INFORMACIÓN: 986487957-676524529 e www.ocoto.org

 

También te puede interesar