O Concello de As Neves ven de empezar este mes diferentes cursos e actividades formativas e culturais que seguirán ate finais de ano. Entre elas destancan un ‘Curso de Formación en Actividades Auxiliares en Aproveitamentos Forestais’, dirixido a a persoas desempregadas. O mesmo ten unha duración de 288 horas e está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. @s interesad@s no mesmo teñen que estar anotad@s na oficina de emprego e poden obter máis información na oficina da axente de emprego, no propio concello.
Dende o pasado día 15 de outubro, a ate o 15 de decembro, impártese un ‘Curso de nivél básico de nivel medio de Informática e Internet. O mesmo está subvencionado polo propio Concello de As Neves e impártese os martes e xoves en tres quendas, de 9 e media a 11 e media da mañán; de 5 a 6 menos dez da tarde e de 7 á 8 e media da noite, no Telecentro municipal.
Ademáis, dende este mes hai dous actividades relacionadas coa mellora da saúde e a calidade de vida. ‘Exercicios Saudables e Ximnasia de Mantemento’, a mesma surará ate xuño, os martes e xoves de 7 a 8 da tarde, no Centro Social. O mesmo está subvencionado polo cal @s participantes só Terán que pagar 15 € trimestrais.
A segunda actividade é de Fisioterapia, e abrangue tratamentos individuais de media hora de duración, dependendo do tipo de doenza. O horario da mesma é ás 5 da tarde os martes e xoves, sempre con cita previa. @s xubilad@s, pensionistas e participantes nas actividades de ximnasia, pagarán 15€.