Arredor de 1500 persoas asistiron as actividades organizadas ao abeiro da campaña ‘Xuventude en movemento’ que o pasado venres e sábado organizou na Eurocidade Tui – Valença a Comisión Europea e a Xunta.
‘Xuventude en Movemento’ foi unha iniciativa da Unión Europea para dar resposta aos retos a que se enfrontan na actualidade os mozos e mozas e así axudalos a que teñan éxito na economía do coñecemento. Trátase dun programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a xuventude.
Para o alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, e unha grande satisfacción comprobar como a principal finalidade deste campaña informativa dos programas europeos en materia de xuventude con especial incidencia en formación e emprego foi cumprida amplamente e como numerosos mozos e mozas de Tui e a súa contorna achegáronse ata a carpa instalada no céntrico Paseo da Corredoira para recabar información sobre estas materias.
A creación da eurocidade Tui – Valença e o impulso que realiza á cooperación transfronteiriza foi a principal razón para campaña en Tui e que comparte con cidades como Sevilla, Murcia Zaragoza, Porto e Lisboa, lugares onde estará esta actividade de ‘Xuventude en movemento’.
É a primeira oportunidade en que esta actividade se realiza con caracter transfronteirizo. Amais a eurocidade acolleu a máis de 170 erasmus procedentes das universidades de Galicia e o Norte de Portugal que estiveron ao longo destas dúas xornadas participando nas actividades previstas.
O obxectivo da actividade é a prol do emprego e a formación dirixidos especialmente aos mozos e mozas aos que este Concello ten ofertado un Plan de Emprego Local, catro cursos de formación ocupacional e outras actividades formativas e de promoción cun importante investimento económico.