Comarcas

Mos ofrece cursos de inglés e de emprego

O Concello de Mos organiza varios cursos dirixidos a mellorar as competencias formativas e laborais da xuventude maior de 16 anos, empadroada en Mos. Estes cursos están enmarcados nas áreas de idiomas e emprego e levan por título En Inglés, Taller de Recursos e búsqueda de emprego pola Rede e Taller de Idea a túa empresa.

O curso de inglés iniciarase o día 5 de novembro para os 21 alumnos do grupo de perfeccionamento, e o día 6 de novembro para os 17 alumnos do grupo de iniciación, ambos grupos recibirán as súas clases nas instalacións do CDL de Mos.

O grupo de iniciación terá clase os martes e xoves 19:30 a 21:00 horas, e o de perfeccionamento os luns e mércores de  19:30 a 21:00 horas.

O curso de inglés desenvolverase dende novembro de 2012 ata xuño de 2013 e despois, unha vez finalizado o curso, os participantes no mesmo teñen a posibilidade de poder presentarse a calquera proba dunha Escola Oficial de Idiomas nos niveis A1, A2,  B1 , B2, C1 e C2.

O Taller Recursos e búsqueda de emprego pola Rede consiste en actividades que se realizarán todos os mércores pola mañá no mes de novembro cunha duración de duas horas e media, de 12:00 a 14:30 horas. Concretamente, os días 7, 14, 21 e 28  de novembro. Este obradoiro contará cun total de 9 participantes.

E por último o Taller Idea a túa empresa constará de actividades a realizar todos os xoves pola mañá no mes de novembro cunha duración de tres horas, de 11:00 a 14:00 horas. Concretamente, os días 8, 12, 19, 22 e 29 de novembro. O número de alumnos inscritos neste obradoiro é de 22.

En total, entre os tres obradoiros a impartir no CDL dende o vindeiro mes de novembro, suman un total de 69 alumnos beneficiarios.

Outras iniciativas

O vindeiro 4 de novembro unha nova actividade do programa Ocio en Familia, en colaboración coa concellería de Medio Ambiente.

Trátase dunha obra de teatro infantil que se representará ás 18:00 horas no Pazo de Mos, e que leva por título, “Unha rosa no xardín”; a compañía que a interpreta é Píntega Teatro. Nesta obra faise uso de numerosos trucos técnicos para aumentar a vistosidade do espectáculo, sendo realizada nunha cámara negra onde os actores, vestidos integramente de negro, manipulan monicreques luminosos (fluorescentes) dende a escuridade.

Os actores (invisibles) manipulan con movementos precisos e sutís, e levan a escena maxia, fantasía, humor e poesía, acompañadas da súa música.

También te puede interesar