Durante esta fin de semana, o concello ourensán de Riós, coñecido ademáis polo seu festival de cine, celebra a Feira da Castaña e do Cogumelo, unha cita que xa é tradicional e que servirá para, durante os días 3 e 4 de novembro, sábado e domingo, por en valor dous dos seus productos de maior calidade.
Este ano a cita amplía un día a súa duración para dar acollida, ademáis da propia festa gastronómica en sí, a múltiples actividades culturales, deportivas e de lecer, que van dende recitáis, pasando por xuntanzas de emprendedores ademáis, por suposto, da degustación destes productos que constitúen un dos activos máis apreciados deste concello.
O programa abrirase o sábado ás 4 e media do serán coa inauguración da exposición de cogumelos e artesanía local; de seguido, ás 6, unha charla sobre “Cómo crear o teu propio emprego no eido forestal”; seguirá, ás 7, un recital-concerto a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa, “Despois de ti, a choiva”, todos eles no Multiusos de Riós. Ás 8, na Praza do Toural, haberá un magosto popular con castañas, empanada e carne de porco, organizado pola Asociación de Veciños de Riós e Marcelín e, na mesma praza, pero ás 9 da noite, un concertó acústico de Toñito de Poi…e todo elo cunha entrada única de 5 € que pódese mercar en bares e tendas do mesmo concello.
O domingo, o día grande, ás 9 e media da mañán, darase a saída ao Tour Cilista Festa da Castaña, con dúas rutas de 28 e 47 kilómetros; ás 10 e media, reábrese a feira cunha exposición de pratos de cociña elaborados con productos locais. Á 1, chega a degustación de productos típicos, castañas, cogumelos, viño e chourizo, todo por un prezo anticrise, 1,5 €, e con menús especiais nos restaurantes, a 10 €, en troques da comida popular.