
Coa morte de Federico Cifuentes o pasado xoves, só 4 dos 7 presidentes que tivo a Deputación de Pontevedra no periodo democrático permanecen vivos: Mariano Rajoy (1983-1986), César Mera (1990-1995), Manuel Abeledo (1995-2003) e Rafael Louzán que preside o organismo provincial dende o ano 2003.
Os outros tres falleceron recentemente: Fernando García del Valle, que fora presidente de 1986 a 1987; José Cuiña Crespo, de 1987 a 1990; e Federico Cifuentes Pérez, presidente entre 1979 e 1983, que foi enterrado hoxe no cemiterio de San Vicente do Grove despois de falecer aos 81 anos de idade, na Coruña.
A conmemoración dos 25 anos de Corporacións Democráticas, que orgaizara a Deputación de Pontevedra en 2004, foi a única ocasión en que os sete citados presidentes se reuniron conxuntamente nun acto no que tamén participaran todos os deputados provinciais habidos dende o inicio da democracia, que emanou da Transición, en España.