Non é o Marco, pero casi. Esta tarde ,ás 19:30 horas, inaugurarase no Ifevi a Feria Internacional de Arte Contemporáneo ‘Espacio Atlántico‘, que durará ata o domingo. A apertura estará presidida polos diferentes membros do Comité Organizador: D. Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; D. Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo; D. Abel Caballero, alcalde de Vigo; D. Santiago Domínguez, tenente de alcalde de Vigo; D. Guillermo Brea, director da obra social de Caixanova y Dña. Marta Scarpellini, directora de Espacio Atlántico.
En total, 53 galerías de España e Portugal integran o Programa Xeral, entre as que atopan as máis destacadas galerías da Península Ibérica. Esta cuarta edición da Feira de Arte contemporánea de Vigo supón un cambio nas súas directrices, centrada na calidade das propostas. A estas 53 galerías haberá que sumar as que participarán coas súas ‘projects’, nas que se presenta a obra dun único artista, e a selección das cales aínda non se fixo pública.
Espacio Atlántico, baixo a dirección de Marta Scarpellini e coa dirección artística de David Barro, sitúase como a principal referencia feiral do noroeste peninsular, coa particular singularidade da súa relación directa con Portugal, coa presenza de 15 galerías dese país. Moitas delas están ausentes voluntariamente doutras citas como Arte Lisboa e ARCO e tomaron esta feira como unha aposta persoal.