Galicia

Os empresarios ‘Re-Cibirán’ as subvencións que conceda a Xunta en mes e medio

IndustriaMenos tempo de resposta ás solicitudes que se lle fagan á administración, meirande competitividade, acceso os cretos por parte das empresas e axuda á internacionalización. Esos son os obxectivos do Plan re-Forza 2010 do Igape aprobado polo Conselo da Xunta.

Internacionalización das empresas

Coa internacionalización, a Xunta pretende, en palabras de Feijóo, “facilitar e aperturar” as empresas galegas a mercados fóra de España, dada a situación económica na que se atopa o noso país debido á recesión. Por iso, o orzamento dedicado á internacionalización de empresas medra nun 56%.

Pago das subvencións en 45 días

O plan está encamiñado a “buscar axudas para atopar a maior competitividade das empresas, incrementar estas subvencións para acadar unha maior internacionalización e buscar respostas en sectores estratéxicos na nosa economía”, insistiu o presidente. E, neste punto, prantexou o compromiso de que o tempo de resposta ás solicitudes presentadas por empresas sexa de 45 días, “para que poida ter unha perspectiva do que pode facer nun momento de dificultade económica”, agregou.

Impulso á economía

O presidente puxo en valor as políticas executadas polo Goberno galego para facer fronte á crise. Citou, así, o Plan de austeridade, dotado con 1.144 millóns de euros; o Plan de choque, que afectou a máis de 1.100 millóns de euros que se reordenaron no Orzamento do ano 2009, e outras actuacións de carácter máis sectorial.

 

Re-Móvete, Resolve , Re-Brote e Re-Imaxina

Feijóo mencionou o Plan re-Móvete destinado a incentivar a venda de vehículos. Pechado o ano 2009 e, a pesar da crise, o número de coches vendidos en Galicia no pasado ano “superou un 4% os vendidos en  2008”, apuntou.

Feijóo referiuse, ademais, ao investimento do Igape de 100 millóns de euros para I+D, e á creación do Servizo de apoio aos autónomos que, segundo dixo, está a ser moi valorado por todas as asociacións de autónomos de Galicia. Tamén citou a posta en marcha do Plan Impulsa Lugo e Impulsa Ourense. Sobre estes dous, dixo que neste últimos meses recibíronse proxectos de investimento de 15 millóns de euros dentro das provincias do interior. E, rematou aludindo ao Plan de apoio a sectores estratéxicos como o lácteo, o da pedra, o naval, a agricultura ou o sector do automóbil.

 

Incrementando as axudas e avais

O xefe do Goberno galego detallou que o número total de axudas ao tecido produtivo no ano 2009 “se triplicou” e superou os 630 millóns de euros, fronte aos 208 millóns euros do ano 2008. No acceso a financiamento, concretou que aquel que é subsidiado por parte do Igape incrementouse un 1.146%, pasando de 29 millóns de euros no ano 2008 a 360 millóns de euros no pasado ano.

 

 

 

 

 

 

 

También te puede interesar