Cultura Destacados

O 15% de cada entrada de Espazo Atlántico acaba nas arcas de Igualarte

A idea de poder combinar a posibilidade de gozar ao contemplar unha obra de arte e escoitar o que os teus ollos queren contar coa práctica da solidariedade é posible durante os catro días que dura o Espazo Atlántico no Ifevi. A organización donará o 15% do diñeiro recadado coa venda de entradas á viguesa Fundación IgualArte, que naceu en 2002 para promover o desenvolvemento individual de persoas con minusvalías a través da arte.

IgualArte ofrece un espazo activo e integrador destinado a fomentar a creatividade, para o que organiza numerosas actividades artísticas lúdicas e de aprendizaxe, potenciando o benestar persoal con necesidades educativas especiais. Todo isto vehicúlase a través da música, a plástica, a expresión corporal e teatral, o baile, empregando os recursos dispoñibles na súa Fundación. Tamén iniciou unha liña de investigación de métodos e adaptacións curriculares en educación musical e artísticas para persoas con necesidades educativas especiais.

Un espírito que recolle plenamente Espazo Atlántico, que nesta cuarta edición se presenta baixo o eslogan «Ven a escoitar o que os teus ollos te queren contar», que busca universalizar a arte, nun convite a gozar das obras que participarán alí con todos os sentidos, a escoitar coa mirada cando as palabras quedan curtas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.