Por primeira vez, o número de matriculados en formación profesional superou aos de Bacharelato, o que demostra un importante cambio nos intereses da mocidade. Agora, gracias aos novos exames convocados pola Xunta, arredor de 12.000 galegos que non reúnen os requisitos académicos necesarios (graduado en Educación Secundaria, técnico auxiliar ou especialista, según ocaso) tentarán acceder aos ciclos formatios de grao medio e superior das distintas familias profesionais ofertadas pola Nova FP no sistema educativo galego.
Os que queiran participar, ademais de ter cumpridos 17 anos ou cumprilos en 2010, deberán presentar a solicitude de inscrición na secretaría de calquera dos Institutos de Educación Secundaria ou nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O modelo de solicitude pode atoparse na web da Xunta ou nos propios centrsos.enlace http://www.edu.xunta.es/fp
Nos exames de acceso ao grado medio, 0 4 de xuño, a proba constará de tres partes: coñecementos de lingua galega, castelá e Ciencias Sociais; competencias en Ciencias da Natureza e Tecnoloxía e matemáticas. Poderán inscribirse e pedir as exenciones totais ou parciais entre o 1 e o 12 de marzo. Se supera as probas terá dereito a obter a certificación de acceso a calquera ciclo de grao medio. O alumnado que non supere a proba na súa totalidade poderá manter as cualificacións das partes aprobadas en futuras convocatorias en Galicia durante dous anos.
Mentres, nas probas de grao superior os maiores de idade terán que superar un exame común na que acredite a súa madurez e idoneidade para seguir os estudos de formación profesional e a súa capacidade de razoamento e expresión escrita con probas de lingua galega, lingua castelá e matemáticas, ademais dunha parte específica, que valorará as capacidades de base referentes ao campo profesional de que se trate, e que versará sobre coñecementos básicos das materia de referencia establecidas para cada ciclo formativo a que se pretenda acceder.
Os aspirantes podrán elexir entre probas de Economía da Empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía e cidadanía; Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física ou coñecementos en Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía. Quen se examinen deberán elixir unha das tres opcións, e escoller dúas das tres materias das que fará a proba. Os aspirantes a estas probas deberán presentar a solicitude de inscrición desde o día 18 de xaneiro ao 29 de xaneiro, e as probas realizaranse o día 3 de febreiro. Para máis detalles sobre o calendario, táboas de titulacións compatibles e información específica sobre as probas, as persoas aspirantes poderán consultar a web http://www.edu.xunta.es/fp.
Unha opción de futuro
Con esta convocatoria de probas de acceso, a Consellería de Educación continúa a traballar para fomentar o coñecemento da Formación Profesional. Este curso 2009/2010 é o primeiro en que a matrícula en Formación Profesional supera á de Bacharelato, polo que queda demostrado o éxito destes estudos. Non en balde, segundo o último estudo dispoñible, sobre a situación laboral no curso 2005-2006, a inserción no mundo laboral, alcanza nalgunhas familias profesionais índices de máis do 80 % de empregabilidade, e case o 75 % das persoas tituladas obtivo emprego antes dos seis meses.
En total, foron 33.500 os estudantes que optaron pola Formación Profesional, fronte aos 32.191 que se deciden polo Bacharelato ordinario. Deste xeito, a proporción entre ambas cifras de matrículas achégase á tendencia da Unión Europea. Aínda así, a porcentaxe de alumnos que están matriculados en Bacharelato (56,6%) segue a ser superior á da media da OCDE (54,3%) e á da UE (47%), obxectivos que a Consellería de Educación como reto.
Por primeira vez, o número de matriculados en formación profesional superou aos de Bacharelato, o que demostra un importante cambio nos intereses da mocidade. Agora, gracias aos novos exames convocados pola Xunta, arredor de 12.000 galegos que non reúnen os requisitos académicos necesarios (graduado en Educación Secundaria, técnico auxiliar ou especialista, según ocaso) tentarán acceder aos ciclos formatios de grao medio e superior das distintas familias profesionais ofertadas pola Nova FP no sistema educativo galego.
Os que queiran participar, ademais de ter cumpridos 17 anos ou cumprilos en 2010, deberán presentar a solicitude de inscrición na secretaría de calquera dos Institutos de Educación Secundaria ou nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O modelo de solicitude pode atoparse na web da Xunta ou nos propios centrsos.
Nos exames de acceso ao grado medio, 0 4 de xuño, a proba constará de tres partes: coñecementos de lingua galega, castelá e Ciencias Sociais; competencias en Ciencias da Natureza e Tecnoloxía e matemáticas. Poderán inscribirse e pedir as exenciones totais ou parciais entre o 1 e o 12 de marzo. Se supera as probas terá dereito a obter a certificación de acceso a calquera ciclo de grao medio. O alumnado que non supere a proba na súa totalidade poderá manter as cualificacións das partes aprobadas en futuras convocatorias en Galicia durante dous anos.
Mentres, nas probas de grao superior os maiores de idade terán que superar un exame común na que acredite a súa madurez e idoneidade para seguir os estudos de formación profesional e a súa capacidade de razoamento e expresión escrita con probas de lingua galega, lingua castelá e matemáticas, ademais dunha parte específica, que valorará as capacidades de base referentes ao campo profesional de que se trate, e que versará sobre coñecementos básicos das materia de referencia establecidas para cada ciclo formativo a que se pretenda acceder.
Os aspirantes podrán elexir entre probas de Economía da Empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía e cidadanía; Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física ou coñecementos en Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía. Quen se examinen deberán elixir unha das tres opcións, e escoller dúas das tres materias das que fará a proba. Os aspirantes a estas probas deberán presentar a solicitude de inscrición desde o día 18 de xaneiro ao 29 de xaneiro, e as probas realizaranse o día 3 de febreiro. Para máis detalles sobre o calendario, táboas de titulacións compatibles e información específica sobre as probas, as persoas aspirantes poderán consultar a web.