A Fundación Galicia Europa convoca unha liña de axudas a entidades galegas para a realización de actividades relacionadas coa integración europea durante o ano 2010, así como catro bolsas para a realización de estudos de especialización en centros universitarios situados en Bélxica.
O obxecto da primeira resolución é fixar o rexime de concesión de axudas no ano 2010 para a realización de actividades concretas destinadas a difusión e promoción da idea da integración europea.
Para os efectos desta resolución entenderase por actividades concretas a realización de cursos, seminarios, congresos, xornadas, proxectos, publicacións e outras actividades de natureza semellante. Non obstante, non poderán acollerse aquelas propostas cuxa actividade principal consista nunha viaxe. Poderán solicitar as axudas as persoas xurídicas, de dereito público ou privado, sen ánimo de lucro e con sede en Galicia. O financiamento das axudas efectuarase cunha dotación global de 25.000 € (vinte e cinco mil euros).
As catro bolsas que a FGE convoca para a realización de estudos de integración europea durante o ano 2010-2011 terá lugar nos seguintes centros: 1 beca para o Colexio de Europa e 3 bolsas para o Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), a Universidade Católica de Lovaina – La –Nueva (UCL) ou a Universidade Católica de Lovaina (KUL).
Entre outros requisitos os candidatos teñen que ter realizados os seus estudios universitarios completos de segundo ciclo, obtido o título nos últimos 5 anos e ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da UE.
As bolsas estarán dotadas coa cantidade de 26.000 € para o Colexio de Europa e 13.000 € para o Instituto de Estudios Europeos da Universidade libre de Bruselas (ULB), a Universidade Católica de Lovaina – La –Nueva (UCL) e a Universidade Católica de Lovaina (KUL).
A data límite de presentación das solicitudes para as catro bolsas será o 28 de febreiro de 2010.
As bases completas tanto da concesión de axudas a entidades como das bolsas para a realización estudios en centros universitarios europeos pódense consultar na páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, así como nas oficinas de Santiago de Compostela e Bruselas.