Tres filmes que poderás ver de xeito gratuito. Esta é a oferta da ‘Butaca Verde’, o ciclo de cine ambiental e solidario que organiza Tui no Telecentro da cidade entre hoxe e o mércores. Unha actividade de divulgación ambiental que tenta provocar na cidadanía unha reflexión sobre o noso estilo de vida e a adopción de conductas diarias máis sostibles e responsables co planeta.
Non te perdas…
‘Home‘, de Yann Arthus-Bertran, é o filme que poderás ver hoxe (19:30 horas). Unha oda á beleza do planeta e a súa delicada harmonía a través de diferentes paisaxes captados desde o aire e das consecuencias das accións do hom no ecosistema. O documental pretende despertar no público a conciencia necesaria para cambiar o noso modo de ver a Terra.
O día 26 é o turno de ‘Oro negro‘, de Mark e Nick Francis (19:30 h), no que as multinacionais do café dominan os centros comerciais e os supermercados, controlando unha industria que move máis de 80 billóns de dólares anuais e convertíndose na mercadoría comercializada máis valiosa despois do petróleo. Pero o prezo real que se lle paga aos campesiños é moi baixo. Un convite ao consumo responsable.
O último día (27 de xaneiro, 19:30 horas) proxectaráse ‘El viaje del emperador’, de Luc Jacquet, no que pode verse como centos de miles de pingüíns emperador abandonan a seguridade do océano para adentrarse na desértica terra xeada conducidos pola súa necesidade de reproducirse.