Vigo al minuto

Ábrese ‘Coñece a túa provincia’

O presidente da Deputación anunciou este venres a posta en marcha dunha nova edición do programa “Coñece a túa provincia” dirixida a asociacións de maiores, mulleres, discapacitados  e veciños, da provincia. @s interesad@s en participar disporán de prazo ata o 29 de novembro para presentar as solicitudes. Segundo explicou Rafael Louzán, este ano ofreceranse un total de 11 rutas, 4 máis que o ano pasado, polo que a Deputación prevé que participen na iniciativa unhas 15.000 persoas.

Ademais de contribuír a desestacionalizar e a promocionar o turismo e a fomentar o consumo e o dinamismo comercial da provincia “conseguimos con este programa que moitas persoas coñezan os edificios do patrimonio da Deputación, dende o Museo de Pontevedra, ata o Pazo Provincial, o Castelo de Soutomaior, a Finca de Mouriscade”, aseverou o presidente, quen engadiu que “Coñece a túa provincia” constitúe unha iniciativa pioneira en Galicia que a Deputación puxo en marcha no ano 2008 e dende entón participaron nela preto de 40.000 persoas.

Na primeira edición da iniciativa a Deputación deseñou unhas rutas experimentais centradas na comarca de Pontevedra. En vista do éxito a Deputación impulsou no 2009 a Ruta de Mouriscade e o pasado 2011 a Ruta Arqueolóxica que achega ós cidadáns ata o entorno natural e patrimonial de Cerdedo. “Este ano sumamos 4 rutas máis ata un total de 11”.

Esta iniciativa da Deputación contribúe ó mantemento dos empregos directos en sectores estratéxicos como a hostalería, o comercio, a artesanía, e o turismo.  Para levar adiante este proxecto a Deputación conta coa participación dos negocios, museos, e distintos establecementos de interese das distintas zonas.

As rutas

Ruta Padroado: Deputación de Pontevedra + Palacete das Mendoza+ Pazo Lourizán + Museo Pontevedra + Castelo Soutomaior. Ruta do Descubrimento: Conxunto Histórico Baiona e Virxe da Roca.Ruta das Adegas : Conxunto Histórico – Artístico de Cambados+ Museo Etnográfico do Viño +  Muíños de Barrantes + Adega. Ruta Pazo de Oca– Lalín e Pazo de Anzuxao (Fábrica de queixos): Pazo de Oca+ visita a Lalín+ Fábrica de queixos Anzuxao + Pazo de Oca. Ruta Poio e Combarro: Visita a Poio, Monte Castrove, Mosteiro de Poio, Mosteiro de Armenteira e  vila de Combarro.  Ruta Mouriscade: Laboratorio e Finca Mouriscade, Museo de Doade. Ruta da Armenteira: Mosteiro +Meis +Monte Castrove, Pazo Señoráns. Ruta Arqueolóxica: Parque Arqueolóxico de Campolameiro + Rodeiro+Cerdedo. Ruta Marítima Illa San Simón e Redondela: Praia de Cesantes-Redondela+Ruta marítima con destino á Illa de San Simón. Ruta Marítima Ría de Arousa: O Grove+ A Toxa+Praia de A Lanzada+ Portonovo+Sanxenxo+Monte Siradella. Ruta Marítima Illas Cíes e Vigo: Ruta marítima pola Illas Cíes+Visita guiada polo Berbés+ Monta da Guía.

 

También te puede interesar