Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis denuncia unha nova rotura, a quinta, do abastecemento do barrio

A Asociación Veciñal de Teis ven de denunciar unha nova rotura, este sábado pola mañá, da tubaxe de abastacemento de auga na Avenida de Galicia a altura do número 3. Ao longo do que levamos de semana estamos  falando de 5 roturas de tubaxes no barrio de Teis, dous na Avenida de Galicia, dous en Boan, onde afundiuse a rúa e outra en Balbarda”.

Os veciños aseguran que, no caso da Avenida de Galicia, as roturas da tubaxe son continuas e “debemos lembrar que no 2011, as beirarrúas foron remodeladas, pero non así a rede de abastecemento”. A asociación salienta que denunciou estos feitos no Concello e engade que “os seus responsables semella que están máis preocupados por inaugurar obras que por facelas ben”.

Directivos da asociación indican que agardan para manter unha xuntanza con concelleiro de Fomento, David Regades para que, se tomen xa as medidas axeitadas para acabar con esta situación que, segundo sinalan, está afectando á vida diaria dos veciños.

 

También te puede interesar