Ese é o tempo que ten o alcalde da capital lucense para deixar o cargo se non quere quedarse en minoría á fronte do Concello. Coma xa fixera en Ourense cando o que era o seu rexidor, Francisco Rodríguez, fora imputado na mesma operación, a ‘Pokemon’, e polos mesmos cargos, o BNG non seguirá no goberno da cidade se Xosé López Orozco non demite. Onte o voceiro da formación, Francisco Vázquez, deixouno craro, e agora é o grupo municipal o que o reafirma.
Coma xa fixera Francisco Rodríguez en Ourense, López Orozco asegurou este sábado, antes do comité provincial do PSdG que non deixaría a Alcaldía e, xa na reunión, obtivo o respaldo do secretario xeral dos socialistas lucenses, e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.
Con todo, o Bloque non está disposto a cambiar de opinión e dende a coalición asegúrase que esa é a súa postura en todos os concellos, ao tempo que subliña que “non pedimos ao alcalde de Lugo que faga algo que nos non facemos cando o imputado é un cargo do BNG”.
Este domingo, eso sí, Guillerme Vázquez incidiu en que hai que manter a presunción de inocencia, lembrando que “xa son demasiados os casos nos que unha persoa imputada non é condenada”, polo que chamou a non confundir imputación con condea.