A Asamblea do BNG en Lugo decidiu sair do goberno local este mércores ás 9 da mañán e, deste xeito, romper a coalición co PSOE no consistorio logo de que o alcalde da capital fose imputado por prevaricación e suborno na Operación Pokémon. Esta decisión implica que Xosé López Orozco seguirá á fronte da Alcaldía, á que non está disposto a renunciar, con 11 dos 25 concelleiros da corporación.
Os nacionalistas decidiron deixar o goberno por 38 votos a favor e 15 en contra, no medio dunha reunión tensa na que non se permitiu aos seus membros optar pola abstención, o que fixo que moitos dos asistentes saisen da xuntanza e non votasen.
O Bloque deixou craro que, como sucede dentro da propia formación nacionalista, na que aqueles cargos públicos que sexan imputados nun proceso xudicial teñen que demitir, “o mesmo esiximos aos nosos socios de goberno”, coma xa sucedeu en Ourense, forzando a demisión do seu rexidor, Francisco Rodríguez, que, o mesmo que Orozco, e cos mesmos cargos, foi imputado tamén na Operación Pokemon, coa diferencia de que a xuiza ordenou a súa detención, algo que non fixo no caso do alcalde de Lugo.