Galicia

#gandeirosGalegos terán que tirar cada día preto de 7 millóns de litros de leite

Os gandeiros galegos, en folga de entrega de leite , terán que desfacerse de preto de 7 millóns de litros de leite e asumir perdas de preto de 1,9 millóns de euros cada día que as cisternas nos valeiren os depósitos das súas granxas. Esta é a estimación feita polos tres principais sindicatos agrarios.

Segundo sinalan os mesmos, a folga rematará cando as grandes compañías leiteiras acepten pagar 6 céntimos máis polo litro de leite, que na actualidade abonan a 29 céntimos e que, so para cubrir custos, debería pagarse a 34 ou 35. Maila a xuntanza cos responsables da Xunta este luns, os gandeiros non cren que haxa unha solución esta semana, porsto que non están dispostos a aceptar unha promesa de acción, sen máis, por parte do goberno galego.

Os sindicatos subliñan que a situación actual pon en perigo a preto do 90% das granxas, que non cubren nen os gastos fixos, e advirten que, de manterse a situación ao redor do 65% de todas elas deberán suspender pagos en menos de tres meses.

 

También te puede interesar