Galicia

Luis Tosar solidarízase cos sindicalistas en folga de fame en Pontevedra

Luis Tosar durante a visita á caravana do sindicato (foto: web CIG)

O actor galego Luis Tosar visitou hoxe a caravana instalada fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra para solidarizarse cos sindicalistas condenados a prisión. Precisamente, a quinta quenda tomou este mediodía o relevo unha semana despois do inicio da folga de fame contra o que consideran unha auténtica represión sindical.

Sefi Romero de Vigo e Lucía Freire de Compostela permanecerán sen comer até o luns ás 12.00 horas, tras sussituir na protesta a Paulo Carril e Xabier Aboi, que tomaron o relevo o pasado xoves. Xunto a elas tamén estará un membro de CCOO.

Como nas xornadas anteriores, as mostras de solidariedade e as visitas de apoio están a ser constantes. Hoxe foi o actor galego Luis Tosar quen se achegou até a caravana para amosar o seu rexeitamento á decisión xudicial e solidarizarse cos tres sindicalistas condenados a prisión. Canda el estiveron os artistas gráficos Pepe Carreiro e Xosé Lois ‘O Carrabouxo’.

Este domingo está previsto que se acheguen os escritor@s Camilo Franco, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Xavier Alcalá e Teresa Moure. Ao mediodía serán representantes da ASPG e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, os que visiten a caravana.

Xa pola tarde, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, o escritor Manuel Rivas e o músico Xurxo Souto tamén lles trasladarán a súa solidariedade.

Y, además:

Segue adiante en Pontevedra a folga de fame pola condena de prisión de 3 sindicalistas

 

También te puede interesar