Ao redor de 70 mariñeiros galegos da flota cefalopodeira que faenaba no caladoiro de Mauritania iniciaron, ás 11 e media desta mañá, un peche no Concello de Marín como medida de protesta logo de ter coñecemento de que non van percibir as axudas pactadas polo cese de actividade.
Segundo o secretario xeral de CIG-Mar, “estaremos aqui ate que nos digan algo”, logo de que os mariñeiros decididen a primeira hora , en asamblea, tomar esta medida logo de coñecer as novas sobre as axudas aprobadas polo Goberno despois do peche do caladoiro mauritano. “O venres ao mediodia enterámonos de que non van pagar, só van cobrar 20 persoas de todo o colectivo”, indicou o representate da CIG quen subliñou que “non nos moveremos do salón de plenos ate que esto se solucione”.
“Alguén se sorprende de que fagamos isto? E qué agardaban logo de que nos dixeran que non imos cobrar?”, pregundouse o representante dos traballadores quen desvelou que consideraron pecharse na Deputación, como fixeran a finais de setembro, pero que non o fixeron porque o seu presidente, Rafael Louzán, non estaba alí no momento no que decidiron o peche.