Galicia

Os portos de Galicia, líderes no proxecto SuPorts, da Unión Europea, que apoia a mellora da xestión ambiental

PuertoPortos de Galicia participa no proxecto SuPorts que axudará aos portos locais a implementar mellores prácticas medioambientais e a conseguir un mellor acceso ás ferramentas axeitadas de xestión medioambiental co fin de permanecer competitivos e de contribuír a unha Unión Europea mais sostible.

O proxecto SuPorts propón dous eixos principais de acción. En primeiro lugar un intercambio de experiencias para identificar e promocionar mellores prácticas no campo da protección de medio ambiente do entorno portuario, do dragado dos portos e da implicación dos axentes económicos e sociais na xestión medioambiental.

En segundo lugar o desenvolvemento de ferramentas de xestión medioambiental axeitadas aos nosos portos. Traballarase conxuntamente para “customizar” as ferramentas de xestión medioambiental existentes (auto-diagnose, indicadores, sistemas de xestión medioambiental …) acomodándoas as características e necesidades dos portos pequenos e medianos.

Hai que ter en conta que estes portos de pequeno e mediano tamaño, entre os que se atopan os xestionados polo ente público Portos de Galicia, tamén teñen que enfrontarse a importantes desafíos medioambientais provintes das políticas e da lexislación da UE e das expectativas depositadas neste eido polos usuarios e os habitantes das vilas onde se enclavan, e as veces non se conta cos instrumentos axeitados para respostar a estes desafíos.

Tres proxectos europeos anuais

O obxectivo é o de que anualmente estén en execución tres proxectos europeos, elixidos polas instancias comunitarias por ser os mellores da súa categoría entre os presentados a nivel europeo, con cofinanciacións que se movan entre o 50 e o 75% do custo total, e con temáticas centradas no I+D, no medio ambiente, na mellora das relacións porto/vila, na mellora da calidade dos servizos, na seguridade e na creación de redes de cooperación intraeuropea.

INTERREG IVC é unha iniciativa comunitaria que forma parte do Obxectivo de Cooperación Territorial Europea e que trata de promover o traballo conxunto das rexións europeas, compartindo coñecementos e experiencias. O ente público Portos de Galicia  participa, coma socio de referencia, no proxecto SuPorts (Sustainable management for European local ports – Xestión sostible nos portos europeos de ámbito local), que ven de ser aprobado na segunda convocatoria aberta do programa INTERREG IVC (en toda a Unión Europea aprobáronse 74 proxectos, un 15 %, dos 481 presentados).

O proxecto SuPorts conta con 10 socios de 7 Estados membros da Unión Europea (ademais de España, presente a través de Portos de Galicia, entidades públicas de Francia, Reino Unido, Italia, Holanda, Lituania e Grecia, conforman o partenariado). O orzamento total do proxecto é de preto de 2.088.971,06 €; Portos de Galicia é o segundo socio en importancia. O proxecto, que xa comenzou a executarse terá unha duración de 36 meses. Portos de Galicia será o anfitrión da 2ª Conferencia Anual Europea do proxecto que se celebrará no último trimestre de ano 2011.

También te puede interesar