Vigo al minuto

Traballadores de Vitrasa denuncian que foron retidos dentro dun autobús ao redor de 45 minutos

Membros do Comité de Empresa de Vitrasa veñen de denunciar o que califican coma “medidas de presión” por parte da dirección da empresa logo de que 25 traballadores da concesionaria fosen obrigados a permanecer 45 minutos “secuestrados” nun autobús, na Praza de América.

Segundo a súa versión, un dos controladores da compañía ordenou ao conductor do autocar que pechase as portas do mesmo mentres avisaba á Policía de que os traballadores subíranse ao autobús e negábanse a baixar logo de completar o seu recorrido.

Pasados os devanditos 45 minutos, e logo de que chegase unha patrulla da Policía Nacional, o ‘controlador’ pediulles aos axentes que identificasen aos traballadores, ao que “os policías negáronse alegando que non podían facer tal cousa posto que tiñamos o noso billete para poder viaxar”.

Acto seguido, e logo de que baixaran do vehículo, seguindo órdenes, o conductor pechou as portas, “deixando tirados a uns 40 pasaxeiros  que agardaban na Praza de América”, e foise sen recoller a ninguén.

Non é a primera acusación que se cruzan os responsables de Vitrasa e os traballadores, que este sábado cumpren 6 días de folga indefinida. Hai uns días a concesionaria denunciou que dosus dos autocares foron apedreados cando facían a ruta á Universidade. Naquela ocasión, a empresa indicou que as pedras foran guindadas con pasaxeiros dentro do bus e que “houbo moitísima sorte”, posto que as mesmas entraron polo cristal posterior e non feriron a ninguén.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.