O xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra cando se produciu o sinistro do ‘Prestige’, asegurou durante a súa declaración no xuizo polo desastre ecolóxico que o buque se afastou “demasiado da costa”, unha vez que se estabilizou a escora que presentaba o 13 de novembro de 2002, día da catástrofe..
A preguntas da Fiscalía e da Avogacía do Estado, José Pose Vaquero considerou “conveniente” que se optase, inicialmente, por fixar unha distancia de seguridade ante o perigo de que o buque embarrancase.
Non obstante, criticou que “se seguise” co afastamento unha vez que se logrou remolcalo. “Estábase a afastar demasiado e para os salvadores dificultaba o traballo”, precisou Pose quen cuestionou a decisión adoptada polo Goberno.