Comarcas

Máis 25.000€ para colectivos sociais de Tui e a súa bisbarra

O Concello de Tui destina unha partida dos seus orzamentos para colaborar economicamente co funcionamento de diversos servizos y colectivos destinados á atención social de Tui e a súa contorna.

Concretamente, trátase dun total de 25.600€ que serán investidos neste ámbitos.

Con estas achegas  se colabora a través dun convenio específico con entidades como Aceesca, a Asociación Española contra o cancro, Avelaiña, Asociación de Alcoholicos Rehabilitados, San Xerome Emiliani, Voluntariado da Caridade de Tui, Asociación de Solidariedade co Pobo Saharaui, Cruz Vermella do Baixo Miño xunto á Cruz Vermella Portuguesa de Valença ou a Asociación de Bombeiros Voluntarios de Valença.

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, con estas subvencións o Concello de Tui apoia a importantísima labor que este amplo abano de colectivos realizan na nosa cidade ou colaborando na atención a veciños e veciñas de Tui, en moitos casos en situacións de especial vulnerabilidade, testemuñando o importante compromiso que mantén o Concello tudense en materia de servizos sociais.

Pois xunto a esta partida de máis de 25.000€ destinada o apoio o movemento asociativo  o Concello a través dos servizos sociais comunitarios municipais, atende a veciños e veciñas de Tui que se enfrontan a situacións xeradoras de dificultades para a cobertura de necesidades de carácter básico  e coopera tamén con programas e actividades especificas dos devanditos colectivos e doutras entidades ao longo do ano, achegando máis medios económicos, humanos e materiais.

También te puede interesar