O grupo de senderismo Andaina, rematará a tempada 2012 con unha “peque-ruta” o vindeiro domingo 16 de decembro, para esa ocasión, escolleron o percorrido polas fervenzas do Tourón e as pozas de Melón que deixa o río Cerves ao seu paso polo concello ourensano de Melón.
No verán, estas fervenzas, son empregadas por multitude de xente para a practica do baño, e no outono/inverno é algo moi fermoso observalas dada a gran cantidade de auga que baixa por elas, pontes, pasarelas de madeira, fan doado o paseo por elas.
Se non te queres perder esta peque-ruta, vai anotando, o vindeiro domingo 16 as 11:00, sairá o grupo dende o Colexio Público Carballal (acceso pola Avda. do Aeroporto), máis información no 986 487 957 / 676 524 529 ou na páxina www.ocoto.org