Os refachos de vento que trae o temporal que está sobre Galicia, e que mantén activa da a alerta laranxa, chegaron aos 172 kilómetros por hora no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, segundo as medicións dos sensores de MeteoGalicia.
En numerosos puntos da xeografía galega, o vento superou os 100 kilómetros por hora, como en Cuntis, onde rexistrouse unha velocidade de 132,9, Lousame, 126,9, Manzaneda, 126,1, Vimianzo, 123, O Barco de Valdeorras, 122 ou Cervantes, na provincia de Lugo, 120 kilómetros por hora.
Polo que atingue ás precipitacións, superaron os 109 litros por metro cadrado, en apenas 12 horas, en Santa Comba, 98 litros en Fornelos de Montes e máis de 85 litros en Cuntis. En Gondomar, como xa é habitual cando hai temporal de choiva, parte do concello está anegado, como pódese apreciar nas fotos, recibidas na nosa redacción pasadas as 10 da mañán.