As obras no emisario da depuradora do Lagares continuarán nas próximas datas debido a que a reparación efectuada podería non asegurar con garantias a consistencia do devandito emisario no futuro. Así o asegura o Concello mediante unha nota de prensa.
Durante as probas realizadas, foise ampliando o caudal que tiña que soportar o mesmo, e os técnicos comprobaron así que a reparación non ofrecía todas as garantias necesarias cunha alta presión de auga.
Según a Concellería de Servizos Xerais, as augas que transportaba o emisario no tramo no que se produciu a avaría “xa tiñan pasado polos mecanismos habilitados para a depuración das mesmas”.