Ceferino Díaz histórico dirixente do Partido dos Socialistas de Galicia e representante do sector galeguista do partido, morreu este domingo aos 65 anos de idade. Díaz foi deputado no Parlamento de Galicia, no Congreso e secretario xeral sos socialistas composteláns.
Licenciado e graduado en Ciencias Económicas pola USC, Ceferino Díaz foi profesor de Economía Aplicada e autor de la obra ‘A esforzada conquista da autonomía 1979-1981. Unha ollada desde o socialismo galego’.
En 1972 afíliase ao PSG, donde chega a reesponsable de xuventude; en 1977 forma parte da candidatura ao Congreso por Lugo, nas primeiras eleccións da democracia. En 1978 deixa o PSG para ingresar no PSdG-PSOE e, un ano máis tarde, é nomeado secretario de Relacións Políticas, chegando a vicesecretario xeral, cargo que detenta entre 1980 e 1982, participando activamente nas negociacións e na elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia.
En 1981 encabeza a lista socialista ao Parlamento de Galicia por Lugo, convértense en voceiro parlamentario e, finalmente, no período 1985-89 é elixido presidente da Comisión de Economía do Parlamento. Nas seguintes dúas lexislaturas (1989-97) Ceferino Díaz é elixido parlamentario pola Coruña e, máis tarde deputado pola mesma provincia no Congreso