Galicia

Afectados polas Preferentes concéntrase na BRILAT coincidindo coa visita de Rajoy

Ducias de afectados pola compra de Preferentes protestaron este luns ante a base da BRILAT, en Figueirido, lugar ao que acudiron coincidindo coa visuita do presidente do Goberno, quen desplazouse ate alí para mandar a súa mensaxe de Nadal ás tropas españolas no exterior.

Dende antes das 10 da mañá foron chegando membros das plataformas de afectados de O Salnés e O Baixo Miño para aproveitar como altofalante” a presenza de Mariano Rajoy.

Un grupo de afectados dirixiuse aos responsables da seguridade do presidente para trasladarlles que a súa intención era só chamar a atención e non crear ningunha clase de problema. Na zona había nove furgóns da Policía Nacional e varias patrullas da Garda Civil.

Finalmente, os afectados concentráronse ante a porta de entrada ao acuartelamento berrando lemas nos que pedían unha solución ao seu problema. Mariano Rajoy non se atopou con eles posto que entrou e saiu por outra porta. Tras quedarse no lugar preto dunha hora, os afectados retiráronse sen que houbese incidente algún.

 

También te puede interesar