O colectivo ‘Fartas’ ven de pendurar en Youtube un novo vídeo coa “liberación”, esta noite nun caixeiro de Conxo, en Santiago, da figura do Neno Xesús que desapareceu o sábado do belén da Praza do Obradoiro. Nesta nova ‘comunicación’, duas voces informan de que a figura pasou a noite nun caixeiro, “coma tantos outros cidadáns anónimos”, ao tempo que advirten que esta operación “non é o fin de nada”, se non “un paso máis na historia da loita colectiva e popular”.
No vídeo aparecen, de novo, imaxes dun centro comercial compostelán e os ‘locutores’ sinalan que a restitución da figura á Praza do Obradoiro será inmedita, mentras que “milleiros de familias seguirán sen solución a causa da crise, construída coma unha estafa pola Banca e os seus políticos adxuntos”.
“As persoas non os importan. Vivimos nunha sociedade na que so interesa a mercadoría”, indican os autores desta acción. Os mesmos continúan decindo que esta sociedade está construída “sen valores e contra a maioría social”, e que “pronto o conxunto da sociedade despertará” e “demandará outra sociedade radicalmente igualitaria”.