Como fixera a súa antecesora, a socialista Dolores Villarino, o mesmo que os distintos presidentes da Xunta, a presidenta do Parlamento de Galicia, coma delegada rexia, invocou este domingo ao Apostolo para que “axude aos responsables públicos a adoitar as mellores solución para superar todos os problemas do presente e para que os máis necesitados poidan sair da situación actual”.
Pilar Rojo pediu, ademáis, a intercensión divina para “acadar un sistema social ancorado na xustiza e na igualdade e para reforzar o noso compromiso firme co valor da solidariedade e a nosa sólida convición ética co servizo público”.
A presidenta do Parlamento engadiu que “España e Galicia están en débeda co Apostolo por crear nelas un itinerario espiritual que as enriquece en valores e cultura”, referíndose ao Camiño de Santiago que, indicou, “deixounos unha herdanza de humanismo Cristián que dignifica a nosa existencia”.
Ante a mirada atenta do presidente da Xunta, Rojo afirmou que “a tradición xacobea pode resultar útil para afrontar o paro” e subliñou que “para que o país salga adiante fai falla progreso social, pero tamén progreso espiritual, porque o ser humán vai máis alá da súa entidade como realidade meramente física”.