Sucesos

Morre unha pequena de 9 anos logo de caer ao baleiro nun centro comercial de Compostela

Unha nena de 9 anos de idade faleceu a pasada noite a causa da gravidade das feridas que sufriu tras precipitarse ao baleiro nun centro comercial de Compostela. Segundo informa a Policía Local desta cidade, o sinistro produciuse pasadas as 11 da noite  no centro  As Cancelas, onde a menor estaba acompañada polos seus pais e, por causas que se investigan, precipitouse á planta baixa das instalacións.

A gravidade das feridas provocoulle a morte sen que se puidera ter feito nada pola súa vida. Ata o lugar dos feitos trasladaronse efectivos da Policía Nacional e da Policía Local, que acordoaron a zona e están investigando as circunstancias do suceso.

 

Te podría interesar