Decir que o maxistrado Antonio Fraga Mandián, que hai catro ano era xuiz decano de A Coruña, defendía a ilegalidade por non usar este topónimo senon ‘La Coruña’, non é un delito. Así o entendeu a xuiza que ven de entender que o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística non cometeu inxuria algunha contra o devandito maxistrado, coma él defendía e polo cal pedía unha indemnización de 15.000 €, por daño moral, e unha multa de 300 €.
A maxistrada entende que Carlos Callón facía uso da súa liberdade de expresión cando dixo que o xuiz Fraga defendía a ilegalidade ao empregar ‘La Coruña’ e non A Coruña, que é a deominación que sinala a lei…a mesma lei que é posible citar para decir que un maxistrado defende a ilegalidade se non a respeta.