O cluster da Madeira de Galicia presentou hoxe en Vigo ,Madera Viva, unha iniciativa pioneira en Galicia que presenta unha vivenda singular de 40 m2 construida íntegramente en madeira, na que o visitante pode coñecer as posibilidades constructivas da madeira: piares, paneis, solos, mobles , ate as tendencias más vanguardistas inmobiliario de cociña, salón, dormitorios ou baños.
Este tipo de construcción, que pode coñecerse ate o día 6 no Centro Comercial Travesía, está sendo empregada xa por máis de 1.200 familias da provincia, segundo indicou o vicepresidente doo clúster Jesús Rodríguez, quen salientou a durabilidade deste material, o potencial que ten para ofrecer solucións novas “ademásis de ser reciclable, natural e renovable” e feito de que, na súa totalidade. as materias primas e man de obra son galegas.
A madeira é a única materia prima que ten a capacidade de reducir as emisións de CO2. Os bosques fixan dióxido de carbono , os productos de madeira o reteñen e oseu reciclado permite alongar ese proceso. Dexeito estimado, un incremento dun 4% anual no consumo de madeira en España permitiría reducir 1,3millóns de toneladas de emisión de CO2 ao ano.
A madeira ten propiedades saudables. É un excelente illante acústico e térmico, o que favorece a creación de entornos máis confortables e saudables. Prevén alerxias, amortece golpes e non transmite as ondas electromagnéticas.
Como illante térmico a madeira regula a humidade manténdoa entre un 40% e un 60%. Neste senso e comparando con outros materiais, a madeira proporciona un illamento térmico 1.770 veces mellor co aluminio e 400 veces mellor co aceiro.
Galicia é a novena potencia forestal europea. A industria da madeira galega representa o 3,5% do PIB da comunidade. O sector emprega a 26.000 persoas de xeito directo e preto de 50.000 indirectas.Na metade das comarcas galegas, a industria da madeira está entre as tres primeiras actividades industriais por xeración de emprego.