Comarcas

O BNG quere que Deputación e Xunta paguen o 50% das obras da escola infantil de Ponteareas

O BNG de Ponteareas, a través do portavoz municipal Xosé Represas, informou hoxe dunha moción dos nacionalistas que será debatida no Pleno ordinario de mañá martes.

Segundo o BNG, as propostas lideradas polos nacionalistas constratan coa paralización do PP. “O goberno de Solla esta completamente paralizado, un goberno sen iniciativa nen ideas que non leva nada ao Pleno”, declarou o portavoz nacionalista referíndose ao orde do dia do Pleno na que as únicas mocións que se votarán serán as presentadas polo BNG.

En canto as obras da nova escola infantil para etapa de 0 a 3 anos, o BNG lembra que despois de dous anos de retrasos pola incapacidade do goberno local para xestionar os terreos, neste momento as condicións que quere impoñer a Xunta ameazan con imposibilitar a construción da nova escola infantil de 74 prazas.

Para desbloquear esta situación, os nacionalistas propoñen que a Corporación se pronuncie para que Xunta e Deputación paguen o 50% do custe da construción, pola imposibilidade de asumilo o Concello. “Agora é o momento de pasar das palabras aos feitos, o PP ten que abandonar a propaganda e concretar o apoio da Xunta e Deputación para que Ponteareas conte coa nova Escola Infantil” afirmou o portavoz do BNG.

Os nacionalistas lembran que cada ano quedan máis de 100 nenas e nenos en lista de espera polo que con este proxecto aínda non se daría resposta a toda a demanda.

También te puede interesar